Paso 1 - Empeza por explorar recursos da Internet referidos abaixo. Non esquezas respectar as regras de seguridade para navegar en Internet. Poderá ser importante buscar tamén outros recursos na biblioteca da escola, como por exemplo enciclopedias, xornais, revistas e folletos. Nunca esqueza apuntar as fontes bibliográficas onde sacaches a información. Paso 2 - Despois de ler con atención os recursos, utiliza o programa informático que o teu grupo elixa para escribir as respostas ás seguintes cuestións:
- ¿como aforrar auga que sae das billas?
- ¿como aforrar auga na ducha?
- ¿como aforrar auga utilizando a lavadora e o lavavaixelas?
- ¿como utilizar os aparatos para quentar auga (quentador, termoacumulador,...)?
- ¿que tecnoloxías de fontes renovables instalar para quentar auga?
Paso 3 - Cando remates a túa pescuda, fai a túa autoavaliación individual (apartado avaliación) para si saber si cumpriches axeitadamente todos os pasos. Paso 4 - Mostra as túas pescudas aos teus compañeiros e, decide con eles que consellos son máis importantes. Verifíca se falta algunha medida importante na construción do cuestionario. Paso 5 - Poderá ser importante, cos teus compañeiros e o teu mestre, facer unha entrevista ao director para descubrir se a escola xa ten algun dos tipos de illamento ou de climatización suxeridos. Paso 6 - Despois de rematar as tarefas, enchede o voso formulario de autoavaliación sobre o traballo de grupo.