Experto en illamento e climatización

Pasos a seguir:

Paso 1 - Empeza por explorar recursos da Internet referidos abaixo. Non esquezas respectar as regras de seguridade para navegar en Internet. Poderá ser importanExperto en illamento e climatizaciónte buscar tamén outros recursos na biblioteca da escola, como por exemplo enciclopedias, xornais, revistas e folletos. Nunca esqueza apuntar as fontes bibliográficas onde sacaches a información.
Paso 2 - Despois de ler con atención os recursos, utiliza o programa informático que o teu grupo elixa para escribir as respostas ás seguintes cuestións:

- ¿con que orientación debe ser construído o edificio para aproveitar mellor a iluminación e a calor?
- ¿como illar as paredes, o chan, os teitos e as ventás?
- ¿que tipos de materiais utilizar na construción?
- ¿que facer para manter unha temperatura agradable na casa sen usar sistemas de climatización?
- ¿que sistemas de climatización consumen menos enerxía?
- ¿que tecnoloxías de fontes renovables instalar para prover enerxía aos sistemas de climatización de casa?

Paso 3 - Cando remates a túa pescuda, fai a túa autoavaliación individual (apartado avaliación) para si saber si cumpriches axeitadamente todos os pasos.
Paso 4 - Mostra as túas pescudas aos teus compañeiros e, decide con eles que consellos son máis importantes. Verifíca se falta algunha medida importante na construción do cuestionario.
Paso 5 - Poderá ser importante, cos teus compañeiros e o teu mestre, facer unha entrevista ao director para descubrir se a escola xa ten algun dos tipos de illamento ou de climatización suxeridos.
Paso 6 - Despois de rematar as tarefas, enchede o voso formulario de autoavaliación sobre o traballo de grupo.

Aprendendo coas escolas climánticas