Ata hai unha chea de tempo, miles de anos, o home recurría á caza (xunto coa recolección de froitos da natureza) coma case e exclusivamente única fonte de enerxía. Isto obrigaba a practicar o nomadismo – andar dun lugar a outro sen vivenda fixa -e a vivir en grupos reducidos (cantas menos bocas que alimentar, máis carne para cada individuo). Polo tanto, o home consumía moi pouca cantidade de enerxía e os residuos tamén eran escasos, … e biodegradables, todo se reciclaba.
Desde hai centos de miles de anos o home utiliza o lume (como calefacción e iluminación das cavernas, para cociñar, endurecer instrumentos coma lanzas, frechas,…), pero non é quen de facer lume por si só (sen ter que depender da caída dun raio ou un incendio).
O home xa é quen de facer lume por si só. O home domínao queimando madeira, restos vexetais secos,... (biomasa).
O home xa desde un principio e grazas á súa intelixencia axudouse de ferramentas para mellorar e potenciar a súa propia enerxía. As pimeiras estaban feitas de madeira, pedra ou ósos de animais.
O home aprende a cultivar, xa non depende só dos froitos que recolle da natureza. O home é produtor, non só depredador, e para iso produce (e consume) máis enerxía.En principio a súa propia, a do seu propio corpo, é el quen traballa.
O home xa non depende só da caza.Domestica os animais e aprovéitase deles para obter enerxía: xa sexa comendo a súa carne, xa sexa utilizando a súa forza física. Os primeiros animais en domesticar foron os cans, ovellas e cabras, porcos, cabalos e burros.
O home aproveitouse da forza animal para convertela nunha das principais fontes de enerxía ó longo dos tempos: na agricultura e no transporte sobre todo.
A principal fonte de enerxía na antigüidade era a madeira,que se usaba en fornos para facer cerámica, en fundición de metais, ... á parte de facer barcos, en construír casas e queimala na cociña,...
Aprendendo coas escolas climánticas