O home empeza a usar instrumentos de metal. Para a súa fundición e fabricación, necesitaba o lume.
Nas culturas antigas coma a exipcia, grega ou romana, a man de obra máis utilizada era a escrava, que era unha das principais fontes de enerxía para traballar no campo, en minas, na construción (p ex, as pirámides), remado nas galeras, etc.
O home perfecciona ferramentas para producir máis e mellor. Os artesáns realizaban traballos de moita calidade,pero durante máis de mil anos a tecnoloxía avanzou moi pouco.
Os muíños de auga usábanse sobre todo para moer cereais, pero tamén os había para facer pasta de papel, cerveceiros, curtidores de paños, ... . A cantidade de enerxía producida aumenta moitísimo: un muíño hidráulico equivale ó traballo de 40 homes! É coñecido desde hai máis de 2.000 anos.
Coñecidos xa desde case 1.000 anos, eran utilizados sobre todo
para moer cerais e producir fariña. A forza
do vento, no mesmo caso que nos muíños
de auga, equivalían á forza de moitos
animais ou persoas. A forza do vento
tamén era usada nos barcos veleiros
O home, hai uns 200 anos empezou a cambiar a forma de traballar, usando as primeiras máquinas nas primeiras fábricas. As primeiras eran de vapor, usando como fonte de enerxía o carbón. Ó queimar este,quentaba unha caldeira de auga e o vapor producido movía a máquina. Deste xeito traballábase máis rápido,... e consumíase máis enerxía.
Desde hai pouco máis de 100 anos, desde que se inventou o motor de combustión, a principal fonte de enerxía que usamos provén do petróleo:automóbiles, maquinaria da industria,electricidade,... Ademais,moitos produtos de uso normal proveñendo petróleo. P.ex.:plásticos..
Desde hai pouco máis que 100 anos, empezouse a xeralizar o uso dunha enerxía que cambiou a vida do home: a electricidade. ¿saberías dicir onde e como se produce?
Aprendendo coas escolas climánticas