Nos dicionarios da Lingua Galega non aparece o verbo "marbellizar". Cando se emprega este verbo referido a un lugar estase a comparar coa situación que vivíu Marbella, construción de vivendas e apartamentos de vacacións, desmesuradamente e sen ningún tipo de planeamento, á beira do mar, sen ter en conta que se está a destruír o territorio desde o punto de vista ecolóxico e paisaxístico. Nesta vista podes botar un ollo "acercándote" máis e vendo o que ocurre en toda a costa de Marbella, anota, para debatir cos teus compañeiros e compañeiras, tanto as cousas que che gustan como as que non che gustan.