E ti, sabes como aforrar enerxía na túa escola?

Introducción Preme para pechar esta ventana Proceso

Tarefas

O alcalde da vosa localidade encomendouvos facer unha auditoria enerxética á vosa escola e elaborar un plan de acción para aforrar enerxía e, así, axudar a evitar o cambio climático.


Para facer esta auditoría enerxética e o plan de acción, o teu equipo será desafiado a volverse nun equipo de expertos en diferentes áreas do aforro enerxético. Para iso, necesitarades estudar por medio de pescudas na Internet e noutras fontes suxeridas polo teu mestre ou mestra.

Despois de volvervos especialistas en medidas de aforro enerxético, faredes a auditoría enerxética da escola, en conxunto con todos os membros do equipo.

De acordo coas respostas obtidas, crearedes un plan de acción para que todos poidan facer o que fai falta e o que está ao seu alcance para aforrar enerxía.

No final, o teu plan de aforro enerxético será publicado, no blog de Climántica, así servirá a nenos e neans doutras escolas para que desenvolvan proxectos similares.

Se non estás a realizar esta actividade na escola, podes intentar facer o plan de acción para a túa casa, axudando así aos teus pais a aforrar na factura enerxética da túa propia casa.

Aprendendo coas escolas climánticas