E ti, sabes como aforrar enerxía na túa escola?

Tarefas Preme para pechar esta ventana Avaliación

Proceso

1- Cada membro do teu equipo elixirá unha das especialidades suxeridas:

 

a) Experto en illamento e en climatización (calefacción e arrefecimento) do edificio.
b) Experto en aforro de auga e no uso de auga quente.
c) Experto en electrodomésticos e outros aparatos eléctricos.
d) Experto en iluminación.

Experto en illamento Experto en aforro de auga Experto en electrodomésticos Experto en iluminación
Illamento Aforro de auga Electrodomésticos Iluminación

2- O Teu equipo poderá estar constituído por menos de 4 especialistas, polo que debrán intentar distribuír o máximo de especialidades por cada membro. Así, se recomenda o seguinte:

 

- cunha persoa: buscar polo menos 4 pareceres de cada unha das especialidades;
- con dúas persoas: unha queda coas especialidades a) e b) e outra coas especialidades c) e d);
- con tres persoas: unha queda coa especialidade a) outra coa b) e outra coa c) e d).

3- Cada experto terá como obxetivo elaborar un conxunto de cinco a dez consellos sinxelos e claros para o aforro de enerxía en cada unha das áreas referidas.

Auditoría enerxética

4-Con eses consellos poranse en común co resto da clase, para a construción do cuestionario necesario co fin de realizar a auditoría enerxética da escola.

 

Na imaxen da dereita podes conseguir un modelo para crear o cuestionario.

Si o preferides podedes crear o voso cuestinario na internet e cubrilo alí. Este oueste poden ser bos sitios.


5- Despois de recoller o cuestionario completado, as respostas das persoas serán examinadas para detectar actitudes que aínda non contribúan ao aforro de enerxía.

6- Axiña, proseguirán coa construción conxunta do plan de acción enerxética. Cada equipo deberá escoller e atribuír un título ao seu plan, decidido por todos e en conxunto, así como unha mensaxe identificativa do voso equipo sobre a importancía do aforro enerxético.

7- O título, a mensaxe e o plan de acción serán colocados no blog da clase ou no blog de climántica.

 

Aprendendo coas escolas climánticas