Esta é a primeira e orixinal forma de transporte da humanidade.
Embarcación primitiva feita dunha soa peza de madeira ou incluso con peles de animais, impulsada por remos ou pas. Nun principio, simplemente se trataba dun tronco usado para cruzar dunha beira á outra dun río.
Desde que o home foi quen de domesticar animais, aproveitouse deles para transportarse con máis facilidade e rapidez.
Desde que a humanidade inventou a roda – xa hai miles de anos – e domestica animais, o home fai uso da forza destes para transportarse a el mesmo e levar calquera tipo de mercadoría.
Medio de transporte xa usado desde a antigüidade – Fenicios, Grecia, Roma, ...- impulsada pola forza dos remos e, ás veces, a vela.
Xa coñecida polos exipcios xa hai 5000 anos, a vela foi usada exclusivamentesen remos - nas embarcacións a partires da Idade Media – aproximadamente hai 1000 anos.
O nacemento do ferrocarril vén parello á aparición da máquina de vapor, hai uns 200 anos, aínda que despois adaptouse á enerxía eléctrica e ó motor de combustión.
O invento da máquina de vapor hai xa uns 200 anos, permitiu ó home prescindir da vela e os remos no transporte acuático..
Aprendendo coas escolas climánticas