Aínda que xa se coñecen aparellos similares á bicicleta no antigo Exipto, na milenaria China ou mesmo en inventos de Leonardo da Vinci, a historia deste medio de transporte vén de hai uns 200 anos.
Hai pouco máis de 100 anos, naceu trala adaptación dunha carruaxe á que se lle puxo un motor de combustión, o automóbil, o transporte por excelencia do S XX.
O uso de derivados do petróleo e o invento do motor de combustión, cambiou definitivamente a historia da navegación desde hai pouco máis de 100 anos.
Aínda que hai case 200 anos xa se presentou o “velocipedraisidevapor”, que como o seu propio nome indica funcionaba cun motor a vapor, foi uns anos antes de 1900 cando xurde a primeira motocicleta, froito da combinación do motor dun automóbil e a bicicleta. .
Co crecemento da poboación e das cidades no mundo do S XX, fíxose necesario o uso masivo de medios de transporte colectivo: autobús, metro, tren,...
Desde sempre, un dos soños da humanidade foi voar, pero non se conseguiu ata hai uns 100 anos. E só desde hai uns 50 se usa o avión como transporte aéreo colectivo..
Aprendendo coas escolas climánticas